Natalia Verbeke
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Natalia Carolina Verbeke Leiva 23 de febreiro de 1975 (49 anos) Caballito, Bos Aires (Arxentina) |
Residencia | Madrid |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Parella | Miguel Abellán Hernando Gonzalo Miró |
|
Natalia Verbeke Leiva, nada o 23 de febreiro de 1975, é unha actriz arxentina, residente en España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia na Arxentina ata os once anos, idade en que se mudou a Madrid xunto á súa familia, decisión tomada polo seu pai debido á crise política e social que daquela (1986) vivía Arxentina. En Madrid estudou na Real Escola Superior de Arte Dramática e na Escola Guindalera con Juan Pastor. Tamén cursou "Interpretación para profesionais" de man de John Strasberg. Ten estudos de danza contemporánea con Josefina Tomás, de flamenco con Miguel Sandoval e Carmen Romera e con Víctor Ullate.
En 1998 debutou no cine coa película "Un buen novio", que protagonizou xunto con Fernando Guillén Cuervo, pola que recibiu o Premio Max Factor ó rostro máis bonito de cine español. Pero foron outras películas como "Nadie conoce a nadie", "El hijo de la novia" e, especialmente, "El otro lado de la cama" as que a catapultaron á fama. Recibiu dous premios Ondas por estas dúas últimas películas. Foi nomeada a mellor actriz pola Unión de Actores pola súa interpretación en "El otro lado de la cama". En "A golpes" interpretou a María, unha boxeadora que se gañaba a vida como taxista.
En teatro interpretou "El sueño de una noche de verano" de William Shakespeare en Inglaterra.
En televisión participou nas series "El pantano", "Al filo de la ley", "Los Serrano" e, na actualidade Doctor Mateo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Director |
---|---|---|
2006 | GAL | Miguel Courtais |
2006 | Arritmia | Vicente Peñarrocha |
2005 | El método | Marcelo Piñeyro |
2005 | A golpes | Juan Vicente Córdoba |
2005 | Tempesta | Tim Disney |
2004 | The three ages of the crime | Elena C. Lario |
2004 | El juego de la verdad | Álvaro Fernández Armero |
2003 | Dot the I | Matthew Parkhill |
2003 | O Cid, a lenda | José Pozo |
2003 | Hermanas | Julia Solomonoff |
2003 | El punto sobre la i | Matthew Parkhill |
2003 | Días de fútbol | David Serrano |
2002 | Apasionados | Juan José Jusid |
2002 | El otro lado de la cama | Emilio Martínez Lázaro |
2001 | El hijo de la novia | Juan José Campanella |
2001 | Jump tomorrow | Joel Hopkins |
2000 | Kasbah | Mariano Barroso |
2000 | Carretera y manta | Alfonso Arandia |
1999 | Nadie conoce a nadie | Mateo Gil |
1998 | Un buen novio | Jesús R. Delgado |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Película | Director |
---|---|---|
2007 | Los Serrano | |
2005 | Al filo de la ley | José María Caro e Javier Olivera |
2003 | El pantano | Daniela Fejerman e Inés París |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- a web de NATALIA VERBEKE (desde 2001)